Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alfonso Rueda agradece os apoios e confía nunha "remuda planificada"

Alfonso Rueda agradece os apoios e confía nunha "remuda planificada"

O vicepresidente da Xunta pide que se respecten os prazos e agarda que haxa "unha candidatura de unidade"

Baltar descarta que opte a un posto como conselleiro na próxima etapa da Xunta

Alfonso Rueda durante un acto no Camiño de Santiago en Arzúa
G24.gal 14/04/2022 12:56

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, agradece todos os apoios recibidos para suceder a Alberto Núñez Feijóo á fronte do goberno galego e do PPdeG. Pide que se respecten os prazos e lembra que o Congreso do Partido Popular de Galicia aínda se vai convocar o luns.

En declaracións durante un acto en Arzúa, no Camiño de Santiago, Alfonso Rueda referiuse tanto aos apoios de compañeiros como a cargos do partido que se produciron tanto no "ámbito público como privado".

Asegura Rueda que está satisfeito pola unidade coa que se están afrontando os cambios, pero insta a esperar a que se realice o proceso antes de falar e cambios. 

"Hai un Goberno que está a funcionar cun presidente, eu son vicepresidente dese Goberno, e hai un congreso que se vai convocar aínda o luns, así que entenderán que é moi pronto por moitas razóns para falar de todas esas cousas", afirmou.

Sobre as datas desta substitución reiterou o este polo presidente da Xunta sobre que "en maio todos nos seus postos", polo que cre que se pode calcular como se van producir ambos os procesos nas semanas que quedan.

En todo caso, confía en que haxa "unha candidatura de unidade" porque o partido vén dun liderado forte que cre que deu "magníficos froitos" tamén a Galicia, polo que espera que o PPdeG siga "na mesma liña", algo que cre que se está conseguindo co proceso de substitución anunciada.

"Sería unha magnífica noticia que a unidade que tivemos ata o de agora se manteña durante todo este proceso e durante os meses que veñan na Xunta e no partido", apuntou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar