Rubén Albés asegura que o Lugo será atrevido na súa proposta ante o Almería
Rubén Albés asegura que o Lugo será atrevido na súa proposta ante o Almería
Malia o horario, espera contar co inestimable apoio da afección
O encontro aprazado fronte o Almería chega ao seu día de celebración, e Rubén Albés quere ver ao seu equipo na mellor disposición posible.
O técnico albivermello espera concentrar esforzos na propia actuación, a pesar da entidade innegable dun contrario erixido no rival máis forte da liga. Espera contar co inestimable apoio da afección, e asegura que o bloque será atrevido na súa proposta: "O equipo traballou moi ben. É un privilexio funcionar con este grupo, tan humilde, e con tanto ánimos. Temos as baixas de Canella, Mayoral e Pedro. Veremos o caso de Álex".
"Poñemos o foco no como podemos facer o noso partido. Iso sempre nos achega ao éxito. Chega o mellor equipo da liga, a motivación é toda, e estamos en alerta. Teñen algunhas baixas, pero son os mellores ata o de agora". "Seremos atrevidos, queremos que haxa ida, e pouca volta. Rubi deulles unha organización fantástica, e ademais, teñen talento. Manexan diferentes momentos de partido. Pero nós iremos á nosa maneira, con axustes diferentes, iso si".
Sobre a afección comentou: "Hai 2000 fenómenos na bancada que están sempre. Teñen o convencemento de sumar sempre, fannos estar preto da vitoria. Non podo dicirlles nada. Oxalá recrutemos máis activos, pero os fieis son moi fieis "
𝗟𝗜𝗦𝗧𝗢𝗦 para o #LugoAlmería ✅🔜#ForzaLugo pic.twitter.com/IFSdVO7cQU
— Club Deportivo Lugo (@CDeportivoLugo) January 18, 2022