Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncian o estado esvaradío nunha rúa do centro de Vigo a causa das obras

Denuncian o estado esvaradío nunha rúa do centro de Vigo a causa das obras

Aseguran os veciños e os propietarios dos negocios da zona que os días chuviosos as caídas dos peóns son habituais

G24.gal 18/11/2022 13:30

A rúa Carral comunica a Porta do Sol, epicentro do nadal vigués coa zona do Náutico, e leva así varios meses con pasarelas metálicas provisionais. Son as obras de construción dunhas ramplas mecánicas que estiveron paralizadas por cautela arqueolóxica. Á incomodidade das obras únese o perigo de esvarar nunhas placas metálicas.

Os máis prexudicados son os veciños e os que posúen negocios na zona. Operarios revisaban este venres a zona onde tamén se traballaba colocando unha lona para tapar a obra a medio facer.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade