Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os ladridos dos cans evitan o roubo nunha casa no barrio da Lomba, en Vilagarcía

Os ladridos dos cans evitan o roubo nunha casa no barrio da Lomba, en Vilagarcía

A presenza dos cans, en ocasións, pode funcionar como medida de seguridade para evitar os roubos

G24.gal 24/03/2023 14:25 Última actualización 24/03/2023 14:45

O barrio da Lomba, en Vilagarcía, é unha zona tranquila, pero ao falar coa veciñanza constatamos que non sempre é así. A Menchu entráronlle a roubar a iso das oito da tarde. Ela volvía á casa e parou a falar cunha veciña. Cando entrou, descubriu os estragos. 

Carmen leva medio século vivindo no barrio. A ela entráronlle a roubar hai anos, mentres ía ao mercado. Saltaron a reixa e accederon á casa. 

Esta mesma semana, no barrio volveuse falar dos roubos. Contan que o suposto ladrón intentou entrar nunha casa, pero os ladridos dos cans alertaron os habitantes da vivenda e frustraron o delito. 

A presenza dos cans, en ocasións, pode funcionar como medida de seguridade para evitar os roubos. Como lle ocorre a Mari Carmen, que confía plenamente no instinto do pequeno Darco.

"Este se vén alguén distinto da rúa, si que controla. Rosma e ládralle, avísame sempre que vén alguén que non é do edificio", relata Mari Carmen. 

Darco é a proba de que non importa o tamaño á hora de ser un bo can de garda. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade