Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rouban un patinete eléctrico en Ordes

Rouban un patinete eléctrico en Ordes

Un pedido falso a un bar foi o modus operandi dos delicuentes para facerse con el

O vehículo está valorado nuns 4.000 euros

G24.gal 11/12/2023 17:53

Nunha cervexería de Ordes que reparte comida a domicilio desde a pandemia coa axuda dun patinete eléctrico sufriu un roubo deste vehículo utilizando un engano. Alguén realizou unha chamada ao local encargando un pedido falso e, cando estaban na suposta entrega, roubáronlle o vehículo.

José Ángel Delgado, da cervexería Islia que sufriu o roubo, levaba todos os días á mesma hora uns cafés a un negocio situado nesta rúa, e foi citado co pedido falso xusto un portal máis abaixo. Nos 60 segundos que tardou en subir a un primeiro andar, quedou sen o patinete, valorado en máis de 4.000 euros, ao ser un dos mellores do mercado.

A denuncia xa está posta nas dependencias da Garda Civil e, aínda que ninguén viu nada, os afectados sospeitan da xente da contorna porque coñecían ben as súas rutas e costumes.

Ademais do valor do patinete, hai que sumar o prexuízo engadido ao non poder seguir repartindo a domicilio desde o pasado xoves, e por riba nestas datas de tanto movemento e consumo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade