Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rouban obxectos e deixan danos de máis de 4.000 euros na igrexa de Dorneda, en Oleiros

Rouban obxectos e deixan danos de máis de 4.000 euros na igrexa de Dorneda, en Oleiros

Utilizaron un coche para empurrar a porta o domingo trala festa do Rosario

Os ladróns remexeron e baleiraron os caixóns da sancrístia, e así permanecían este martes
G24.gal 05/07/2022 13:51

Onda a porta da igrexa de Dorneda permanecían este martes restos pertencentes ao coche utilizado para empurrala e rebentar a pechadura. O roubo tivo lugar o domingo de madrugada, poucas horas despois de rematada a festa do Rosario.

A encargada do templo encontrou a desfeita precisamente cando foi abrir para a misa.
Sospéitase que o autor ou autores buscaban cartos que puidesen quedar alí tras os oficios relixiosos das festas. Remexeron e baleiraron caixóns na sancristía, de onde levaron obxectos relixiosos.

Pero na zona do altar colleron a maioría do botín: candelabros, cruces, complementos de metal das imaxes e os cartos que había no peto e no lampadario. Os responsables do tempo agardan que  efectivos da Policía Xudicial vaian recoller pegadas, polo que todo segue como o deixaron os ladróns.

Segundo o párroco encargado desta igrexa situada no concello de Oleiros, entre os danos e o roubado, as perdas superan os catro mil euros. É o terceiro asalto a esta igrexa nos últimos tempos. Nos dous anteriores, lembra a encargada, estragaran a porta principal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade