Cargando resultados...
Rouban nun garaxe e nos rochos dun edifico do barrio coruñés dos Castros en só catro días
Os fortes golpes que deu o delincuente alertaron un veciño
G24.gal
04/04/2022 14:03
Cren que o ladrón accedeu ao seu garaxe comunitario aproveitando un descoido e alí rompeu os cristais dunha trintena de vehículos. Os fortes golpes que deu o delincuente alertaron un veciño. Baixou e atopouno na allada, así que chamou a policía e os axentes lograron prendelo cando intentaba fuxir.
Tres días antes xa lles roubaran en 19 rochos. Agora din sentirse inseguros. A Coruña, onde se dispararon os delitos un 36 % ao ano pasado, é a cidade galega onde máis aumenta a delincuencia. Segundo datos do Ministerio do Interior, en 2021 contabilizáronse 284 roubos con violencia, 98 máis ca o ano anterior.