Rouban 300 litros de combustible da maquinaria dunha empresa en Ribeira
A escalada dos prezos dos carburantes fai temer que se incrementen este tipo de subtraccións
O litro de gasóleo roza xa os 2 euros por litro. Os prezos seguen disparados e converten o combustible no ouro líquido do momento. E tamén nun obxectivo cobizado polos delincuentes. A esta empresa que está asfaltando a rúa Castelao, en Aguiño, roubáronlle uns 300 litros de gasóleo. Extraéronos con mangueiras de noite deste camión e dunha das máquinas. Un veciño alertou as forzas de seguridade, porque os ladróns deixaran unha mangueira e bidóns baleiros tirados na rúa.
Os responsables da empresa denunciaron o roubo, pero non houbo detencións polo de agora. Temen que se repita. O depósito dun camión coma do que extraeron o gasóleo, leva uns 800 litros, moi sedutor para os delincuentes e un problema para as empresas, que ven unha ameaza constante pola escalada de prezos do combustible.
Dáse a circunstancia de que esta empresa xa sufriu o ano pasado varios roubos de maquinaria e combustible na mesma obra en Aguiño.