Hospitais galegos reprograman operacións pola crecente negativa de especialistas a facer 'peonadas'
Fano como medida de presión nas súas protestas
Os hospitais galegos reestudan como compensar as citas afectadas polas protestas dos médicos
Aos paros na Atención Primaria a semana que vén súmase a folga nacional contra o Estatuto Marco
Primeiro foron os anestesistas, pero agora vanse sumando máis especialistas que renuncian a atender pacientes polas tardes.
"Nosoutros queremos reducir o número de pacientes na nosa axenda", apunta Manuel Rodríguez presidente do sindicato médico O'Mega.
Manteñen o pulso con Sanidade tanto a nivel autónomico como estatal. Á consellería pídenlle melloras nas condicións laborais e ao ministerio un estatuto propio.
"Salarios, tipo de traballo, axenda, e ao ministerio que modifique o estatuto marco", di Manuel Rodriguez.
Din que están abertos ao diálogo, pero a ministra acúsaos de romper as negociacións.
"Que non teñan aos pacientes como reféns das discrepancias", sinala a ministra de Sanidade, Mónica García.
A negociación tampouco avanza coa Xunta.
"A nosa vontade é resolver o conflito o antes posible pero necesitamos o apoio da outra parte", comenta o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño.
Os centros sanitarios reorganízanse e estudan como compensar as citas afectadas polas protestas. Aos paros na Atención Primaria súmase a vindeira semana a folga nacional que desde decembro convocan contra o Estatuto Marco.