Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rompen as cruces ornamentais de varias tumbas no cemiterio de Carballeda de Avia

Rompen as cruces ornamentais de varias tumbas no cemiterio de Carballeda de Avia

Noutra ocasión romperan o cristal de dezasete lápidas

G24.gal 17/10/2022 14:06

Oito tumbas do cemiterio de Carballeda de Avia, das máis antigas do cemiterio, apareceron sen as súas cruces ornamentais. Tamén a que presidía a porta de entrada ao camposanto.

"A min avisáronme de que estaban as cruces rotas, tiradas no chan onte á mañá cando ía ter a misa, entón vin mirar e xa vin que había dúas no chan, pero faltaban as outras. E é o que pasou, de noite viñeron algúns e marcharon con elas, e as que lles romperon deixáronas", narra o párroco, Serafín Fernández.

Algunhas das que romperon quedaron a simple vista ou mesmo por riba das tumbas. Hoxe o desconcerto dos veciños era total, non saben se as que faltan as levaron para vendelas ou se só o fixeron con intención de facer dano.

"Isto é un desastre, meterse cos mortos é unha pena porque eles non se meten con ninguén. Eu penso que cando fan iso a cabeza non está no seu sitio".

"Todos a mirar se as levaron, se as romperon, para que as querían, se eran para vender ou algo... Entón a xente está algo fastidiada".

"Si é que da a impresión de que as levaron e que esnaquizaron. Igual as que lles romperon as deixaron porque algunhas están por aí, outras recolléronas tiradas. A min dáme a impresión de que é medio vandalismo, medio roubo".

Os veciños lembran que xa hai algúns anos levaran outras dúas cruces, e noutra ocasión romperan o cristal de dezasete lápidas. Tras o acontecido, o Concello decidiu instalar cámaras de vixilancia no camposanto para evitar que se repitan situacións coma esta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade