Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rodrigo Conde vivirá en París 2024 a súa primeira experiencia olímpica

Rodrigo Conde vivirá en París 2024 a súa primeira experiencia olímpica

Co seu compañeiro Aleix García buscará un podio nos Xogos

G24.gal 13/09/2023 12:26 Última actualización 13/09/2023 12:33

Visitamos a Rodrigo Conde á volta de Belgrado, onde logrou a clasificación para os Xogos Olímpicos. París é a oportunidade para o remeiro moañés. Será o seu momento tras dous intentos que quedaron polo camiño.

Estivo preto de clasificarse dúas veces para uns Xogos, logrouno para Toquio pero renunciou por saúde. Agora, con 26 anos, Rodrigo Conde volve emerxer nunha nova categoría reclamando o seu sitio no olimpo de París.

Clasificado para os Xogos, co seu compañeiro Aleix García. Quedaron a escasos tres segundos de revalidar o subcampionato do mundo. Un resultado que soñan mellorar en París.

"Unha medalla olímpica, con menos seguro que non (me conformo)".

"Holanda é o único bote superior".

Na historia do remo español só houbo unha medalla olímpica, nos Ánxeles 84.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade