Rodri Veiga: "Pola segunda metade o equipo non mereceu a vitoria"
Enfado do técnico compostelanista coa derrota en terras madrileñas

A pesar de poñerse por diante no marcador, o Compostela non foi quen de sacar nada positivo da súa viaxe a Móstoles. O técnico do conxunto santiagués, Rodri Veiga, analizou o encontro e amosou o seu descontento co fútbol e o resultado do seu equipo
"A primeira parte foi boa, seria, nun campo irregular cun rival físico. Contrarrestamos ben e estivemos adiantados. No 2º tempo non mantivemos iso. Eles dan un paso adiante e nós non somos quen de coller o segundo balón. O equipo meteuse atrás e perdemos. Marcho contento co primeiro tempo pero enfadado polo segundo, pola falta de contundencia. Xogando así, en campos desta categoría non se pode gañar. O equipo non mereceu gañar, quizais o empate fose o máis xusto"