Publicador de contidos
Publicador de contidos

Roberto Verino afonda no seu estilo de luxo discreto e atemporal

Roberto Verino afonda no seu estilo de luxo discreto e atemporal

Cre na moda como un investimento a longo prazo a prol da sustentabilidade

Para el, o estilo é sentirse ben cun mesmo e nunca pasa de moda 

Momento do desfile da colección primavera-verán 2015 de Roberto Verino
G24.gal 10/09/2024 20:27 Última actualización 10/09/2024 21:01

Non por ser un histórico xa da moda, o deseñador que hai tras a firma galega Roberto Verino deixa de afrontar cada colección co mesmo entusiasmo e nervios, como confesa Manuel Mariño, creador e deseñador da firma Roberto Verino.

"É unha estrea, en consecuencia os nervios sempre están aí. Agardan de ti sempre moito e, en consecuencia, un está obrigado a non baixar nunca a garda".

Estivo no desfile inaugural da Semana da Moda de Madrid, pero este martes presentou a coleccción Undressed, Espido, nun pase privado, coa filosofía que o leva inspirando máis de 40 anos.

"Un estilo que pon en valor as persoas e non ao revés".

Traballa para unha clientela fiel á que lle ofrece o luxo discreto que non pasa de moda.

"Aí é onde está a valía do estilo Verino: que é sinxelo, de calidade e perdurable no tempo".

Un estilo que convence as novas xeracións, que buscan moda sustentable.

"As modas pasan, o estilo non, o estilo permanece, e iso é o que eu quero demostrar: que é moito máis intelixente facer investimento mercando boa calidade que comprar de usar e tirar".

O luxo discreto dunha colección que aspira a que cadaquén encontre a súa esencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar