Publicador de contidos

Publicador de contidos

Roberto Trashorras será o novo adestrador do filial do Lugo

Roberto Trashorras será o novo adestrador do filial do Lugo

Segundo a Radio Galega, Álex Otiz non repetirá no Polvorín, recentemente ascendido a Segunda RFEF

Foto @CDeportivoLugo
G24.gal 30/05/2022 16:17 Última actualización 30/05/2022 16:22

O Club Deportivo Lugo afrontará a próxima tempada con caras novas nos seus principais bancos. Desde hai días é oficial que Rubén Albés non continuará no do primeiro equipo e parece que Álex Otiz tampouco repetirá no da Polvorín, recentemente ascendido a Segunda RFEF.

Segundo informou a Radio Galega, o adestrador malacitano decidiu deixar o club e Roberto Trashorras será o seu substituto. O preparador malacitano remataría así unha breve etapa de dúas tempadas á fronte do filial albivermello, ao que deixou ás portas do ascenso na campaña 2020/2021 e guiou cara á categoría superior na recentemente finalizada. Nos despachos do Anxo Carro víano como unha das mellores opcións para substituír a Albés no primeiro equipo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar