Cargando resultados...
Ricky Rubio decide deixar a concentración da selección "para coidar a súa saúde mental"
Era un dos fixos para Scariolo na preparación do Mundial de baloncesto
G24.gal
05/08/2023 11:09
A selección española de baloncesto espertou este sábado coa nova de que Ricky Rubio deixa a concentración coa que estaba preparando o Mundial.
O xogador sacou un comunicado no que expresaba: "Decidín parar a miña actividade profesional para coidar a miña saúde mental. Quero agradecer todo o apoio que recibín da FEB para entender a miña decisión. Pediría respectar a miña privacidade para poder afrontar estes momentos e dar máis información cando sexa o momento".