Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ribadeo e Lalín preparan xuntos a observación da eclipse total de sol do 12 de agosto

Ribadeo e Lalín preparan xuntos a observación da eclipse total de sol do 12 de agosto

Pantallas de televisión conectarán a praia das Catedrais e o Altar do Sol para poder seguir as explicacións do astrónomo José Angel Docobo

G24.gal 20/04/2026 15:01

Despois de duras negociacións cos alcaldes de Ribadeo e de Lalín, que son para Docobo como dúas pequenas patrias, o asunto quedou en táboas, e o catedrático de Astronomía e profesor emérito da USC estará nos dous lugares á vez. 

E así vai ser. Grazas á maxia do audiovisual. Así que as cae 5.000 persoas que se xunten para ver a eclipse na praia das Catedrais, poderán ver e escoitar a Docobo que estará no Altar do Sol, este monumento megalítico en que os nosos ancestros, uns 3.000 anos a. de C. lle fixeron un corredor ao grande astro para cada amencer do solsticio de inverno.

"Como as nubes poden ser caprichosas, poder observar e eclipse desde dous lugares á vez danos o doble de posiblidades de velo ben", dixo José Ángel Docobo, o coordinador científico do Observatorio Astronómico e profesor da USC.

En Ribadeo a totalidade da eclipse durará 1,45 e en Lalín, apenas 20 segundos. E en ambos lugares haberá festa para acompañar o antes e despois a observación científica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade