Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ribadeo despide as catro vítimas mortais do accidente do sábado

Ribadeo despide as catro vítimas mortais do accidente do sábado

Rúas baleiras e comercios pechados mentres se celebraba o funeral

G24.gal 03/04/2023 20:22 Última actualización 03/04/2023 20:34

Rúas baleiras e negocios pechados. É o xeito en que os veciños de Ribadeo quixeron mostrar a súa solidariedade e afecto coas familias de Lara, Jesús, Uxía e Sergio, as catro vítimas do tráxico accidente de Xove.

"É o noso xeito de apoiar e de acompañar. A vida non se pode devolver a esta xente. Era xente nova, boa xente, alegre, positiva, marabillosa e que non vai estar máis entre nós", explicaba o alcalde, Fernando Suárez.

Silencio que se mantivo entre as cinco e as seis da tarde na rúas mentres na igrexa de Santa María do Campo se celebraba un funeral oficiado polo bispo de Mondoñedo-Ferrol. Non hai consolo para as familias, afirmaba García Cardiñanos ante os centos de persoas que acudiron mostrar o seu respecto e despedir os mozos.

As catro vítimas xa recibiron sepultura. Jesús e Uxía no camposanto da Devesa, Sergio no cemiterio municipal de Ribadeo e Lara no Carballiño.

O condutor segue na UCI  no hospital de Lugo. Xa recibiu a alta o sexto ocupante do vehículo. A súa declaración debería ser clave para aclarar cando foi o accidente, que puido ocorrer horas antes de que un particular atopara o coche e dera aviso. As hipóteses da investigación apuntan a un exceso de velocidade ou a un descoido. Tres das vítimas mortais non levarían posto o cinto de seguridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade