Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ribadavia declara o nivel de emerxencia e alerta pola seca

G24.gal 11/08/2022 21:21 Última actualización 11/08/2022 21:28

O concello ourensán de Ribadavia declara a alerta por seca. Trátase do primeiro concello galego en tomar esta decisión.

A situación empeorou moito nas últimas horas.

Din que sae máis auga da que entra e que non estaría garantido a subministración de auga nas próximas horas.

O concello distrubuíu máis de 25 puntos de repartición de auga por todo o municipio.

Son uns depósitos fixos na rúa para uso doméstico.

O concello ten autorización para coller auga dos ríos Miño e Avia.

Trasladarana en camións cisterna ata o depósito.  

Cos encoros en niveis baixos, a Xunta autorizou a captar auga dos ríos para abastecer á poboación neste contexto de seca prolongada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos