Publicador de contidos

Publicador de contidos

Riazor, listo para acoller o amigable España-Iraq

Riazor, listo para acoller o amigable España-Iraq

 Jesús Núñez, responsable de Infraestruturas do Dépor: "Hai unhas vinte persoas encargadas de recolocar os asentos nas bancadas"

G24.gal 02/06/2026 13:47 Última actualización 02/06/2026 13:52

Os traballos no céspede de Riazor avanzan a bo ritmo, polo que o partido amigable deste xoves entre as seleccións de España e Iraq, previo á disputa do Mundial dos Estados Unidos, México e Canadá, poderá disputarse no estadio coruñés.

Fontes do club branquiazul e da Federación Galega de Fútbol confirmaron este martes a que a disputa do partido “xa non está en risco” tras repararse os graves danos causados nas bancadas e no céspede do estadio tras a invasión de campo á finalización do Dépor-As Palmas, último de LaLiga Hypermotion (Segunda División), tras a consecución do ascenso do conxunto local a Primeira. Jesús Núñez, responsable de Infraestruturas do Dépor, falou para a TVG.

"Hai unhas vinte persoas encargadas de recolocar os asentos nas bancadas".

O tepe está a ser cosido manualmente para que a selección iraquí xa poida completar mañá, a partir das 18.00 horas en Riazor, o adestramento previo ao duelo contra España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade