Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rexistran unha vivenda en Cospeito no marco dunha operación contra o narcotráfico

Rexistran unha vivenda en Cospeito no marco dunha operación contra o narcotráfico

O operativo, en que participan a Garda Civil e Vixilancia Aduaneira, continúa aberto

Félix Aragunde 22/03/2023 13:47

Unha operación contra o tráfico ilegal de drogas, efectuada por parte da Garda Civil e de Vixilancia Aduaneira, levou ao rexistro dunha vivenda de Santa Cristina, en Cospeito.

A intervención, en que participaron numerosos efectivos de ambos corpos, suscitou a sorpresa da veciñanza, que viu como os axentes sacaban da casa o inquilino e comisaban algúns obxectos, que foron custodiados en furgóns.

O home, que saíu escoltado da vivenda, levaba arredor dun ano residindo nela como inquilino. Segundo os veciños, dedicábase a cultivar a horta e a pasear o can, polo que nada facía presaxiar que acabarían rexistrando a súa casa.

O operativo continúa aberto, polo que non se descarta que se practiquen detencións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade