Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen cando menos seis persoas nunha redada contra o tráfico de drogas en Lugo

Deteñen cando menos seis persoas nunha redada contra o tráfico de drogas en Lugo

A policía rexistrou dúas vivendas co reforzo da UIP

Vivenda da rúa Lavandeira, na Piringalla, que foi rexistrada pola policía
Félix Aragunde 30/06/2026 14:04 Última actualización 30/06/2026 14:17

A rolda das Fontiñas e o barrio da Piringalla foron os dous puntos de Lugo onde se desenvolveu a última operación policial contra o tráfico de drogas. Na rúa Lavandeira, ao norte da cidade, a raíz das queixas veciñais, os axentes rexistraron unha casa ocupada de xeito irregular. Para levar a cabo a redada, contaron co reforzo de efectivos da Unidade de Intervención Policial chegados dende A Coruña, que participaron na detención de varios ocupantes presuntamente implicados na venda de estupefacientes.

O dispositivo policial saldouse con polo menos media ducia de persoas detidas e coa incautación de numerosos obxectos supostamente subtraídos. Neste sentido, a colaboración cidadá resultou clave para detectar as vivendas onde se estaba a vender droga, como presuntamente foi o caso dun piso no barrio das Fontiñas.

"Era un sitio específico, un inmoble onde ao parecer había problemas por ruídos e por trasfega de xente, polo que parabéns pola actuación policial. Nós pensamos que é un caso illado", sinala Beni Abeledo, presidente da asociación de veciños As Carballeiras. 

"Investigación, pero cos veciños detrás implicándose, indicando que están entrando a tal hora, saen a tal hora, pasa isto...", valora Ricardo Varela, presidente da asociación de veciños San Isidro da Piringalla. 

Non se descarta que se produzan novas detencións en relación con esta redada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade