Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rexistrado un pequeno movemento sísmico, con magnitude 2,2 e epicentro en Poio

Rexistrado un pequeno movemento sísmico, con magnitude 2,2 e epicentro en Poio

O epicentro estivo localizado en Poio, a unha profundidade de 12 quilómetros

G24.gal 13/11/2025 10:52

O Instituto Xeográfico Nacional informou dun pequeno terremoto rexistrado á primeira hora da mañá deste xoves, con epicentro no municipio pontevedrés de Poio.

Segundo os datos achegados polo organismo, o tremor rexistrouse pouco antes das 6:00 horas e a magnitude foi de 2,2 mbLg, é dicir de baixa intensidade. O epicentro estivo localizado en Poio, a unha profundidade de 12 quilómetros.

Esta semana, o pasado martes, tamén se rexistrou un tremor leve en Riós (Ourense), de magnitude 1,8 mbLg, e con epicentro a unha profundidade de 10 quilómetros. Este terremoto produciuse sobre as 6:22 horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade