Publicador de contidos

Publicador de contidos

Retoman os traballos para retirar da vía o tren que descarrilou nas Neves

Retoman os traballos para retirar da vía o tren que descarrilou nas Neves

directo
G24.gal 28/11/2025 17:04 Última actualización 28/11/2025 17:13

Un grupo de operarios apoiados por un grande guindastre retomaron este venres os labores para retirar da vía o tren de mercadorías que descarrilou nas Neves o pasado 15 deste mes.

Os traballos continuarán durante toda a xornada.

O accidente mantén cortada a circulación ferroviaria entre Vigo e Ourense.

Renfe ofrece aos pasaxeiros un servizo alternativo en autobús.

Lembramos que o tren que descarrilou está formado por 17 vagóns. Saíron totalmente do carril que quedaron uns enriba dos outros. 

Tamén quedaron estradas as 35 bobinas de aceiro que transportaba.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade