Publicador de contidos
Publicador de contidos

Retoman a busca polo río Arenteiro da muller desaparecida no Carballiño

Retoman a busca polo río Arenteiro da muller desaparecida no Carballiño

Continúan pola zona de Godás, onde atoparon algunha pertenza da desaparecida

Tampouco hai novidades sobre o paradeiro de João Manuel Teixeira, veciño de Chaves desaparecido dende o 9 de xaneiro

G24.gal 21/01/2024 15:23 Última actualización 21/01/2024 17:32

Percorren as ribeiras do Arenteiro. Fano por quendas. O punto de partida, a ponte de Godás, onde se atopou algunha pertenza da desaparecida.

"O que apareceu foi un paraugas, por iso recorremos o río dende aquí ata a presa de Bouteira", concretou Diego Mallo, do Servizo de Emerxencias do Carballiño.

Entre dous e tres quilómetros de percorrido. Foi o pasado domingo, hai unha semana, cando se perdeu a pista de María Ángeles Míllara de 54 anos de idade. Reside habitualmente en Santiago, pero atópase na casa familiar, en Mesego. Saíu dar un paseo, segundo lle dixo ao seu pai, e nada máis se soubo dela. Non levaba móbil.

"Estiveron os merugulladores da Garda Civil buscando, pero estaba a auga moi revolta e non se vía nada. Tívose que cancelar a busca e agora estamos por quendas, en rutas polo río e facendo a nivel visual por se aparece, pero de momento non temos máis noticias", comentou Daniel Díaz Preito, do Servizo de Emerxencias do Carballiño.

Tampouco hai novidades sobre o paradeiro de João Manuel Teixeira, un cidadán portugués de 69 anos, veciño de Chaves, que leva desaparecido dende o 9 de xaneiro. O seu coche foi atopado, hai unha semana, nunha zona de difícil acceso preto da aldea de Videferre, no concello ourensán de Oímbra, polo que Garda Civil e efectivos de emerxencias participan, xunto ás autoridades portuguesas, na busca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade