Retiran os corpos dos sete terneiros mortos do río Torrente
Os cadáveres foron atopados hai semanas por dous pescadores no límite entre Zas e Vimianzo
A súa procedencia aínda é descoñecida, posto que non levaban placa identificativa

Os sete tenreiros mortos que apareceron o pasado 18 de marzo no río Torrente, entre os concellos de Zas e Vimianzo, xa foron retirados por técnicos da Consellería do Medio Rural. Os animais foron trasladados á planta de Gesuga para o tratamento dos seus restos. O caso está en mans do Seprona.
A retirada tivo lugar tres semanas despois de que foran achados por dous pescadores, que se encargaron de avisar ao 112. Naquel momento a Xunta e o Seprona puxéronse en contacto cos concellos para que se fixeran cargo da súa retirada, que acaba de facerse efectiva.
Os tenreiros non levaban praca identificativa, e polo momento non foi posible identificar a súa procedencia. O propietario dos animais podería enfrontarse a unha sanción de entre 3.000 e 60.000 euros.