Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres feridos por arma branca nunha liorta entre sete persoas en Pontevedra

Tres feridos por arma branca nunha liorta entre sete persoas en Pontevedra

Catro persoas foron detidas e as outras tres tiveron que ser trasladadas a centros sanitarios

Foi unha testemuña da pelexa quen avisou unha patrulla da Policía Local
G24.gal 03/06/2025 21:47

Tres persoas quedaron feridas por arma branca este martes durante unha pelexa entre sete persoas en Pontevedra. En concreto, a liorta tivo lugar na praza de Barcelos arredor das 19:00 horas.

Segundo confirmaron fontes municipais, catro destas persoas foron detidas e as outras tres tiveron que ser trasladadas ao Hospital Montecelo.

Aínda que as sete persoas resultaron feridas, só tres de consideración e algúns de gravidade. Un en estado reservado tivo que ser trasladado a Santiago. Outro en estado grave, que permanece hospitalizado en Pontevedra, e un terceiro que xa foi atendido de feridas de carácter leve.

Foi unha testemuña da pelexa quen avisou a unha patrulla da Policía Local que estaba pola zona de que había un conflito nesta céntrica praza, unha vez alí avisaron á ambulancia.

Os axentes atoparon os catro sospeitosos cun coitelo ensanguentado na rúa Aduana, preto do lugar dos feitos. Estes foron detidos e a Policía Nacional mantén aberta a investigación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade