Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cambados enxalza as tradicións do rural na Festa do Labrego de Vilariño

Cambados enxalza as tradicións do rural na Festa do Labrego de Vilariño

O mellor momento da festa é o desfile de carros, tractores e todo tipo de maquinaria agrícola engalanada

G24.gal 25/05/2025 19:22

A festa labrega de Vilariño, Cambados, está consolidada na comarca do Salnés, despois de 42 edicións, como unha homenaxe ao modo de vida campesiño e rural.

"Cada ano sorprenden coas cousas que van facendo", di un espectador.

"Hai anos había carros de vacas, agora é máis difícil atopalos, practicamente son todos tractores", confirma un dos participantes no desfile.

O desfile de carros do país, tractores, cabalos e maquinaria de todo tipo é o momento máis agardado. A organización reparte 900 euros en premios entre as distintas categorías e os donos das máquinas deixan voar a imaxinación.

"O ano pasado gustoume, quixen repetir e os anos que fagan falta". "Fomos cantando no desfile e tocando a pandeireta, o tambor". "Dous patos, un galo e unha galiña". "Eles gozan, nos pasamolo ben e é un día de festa. E que non se perdan as tradicións". "Eu levo desde pequeno. Na miña casa, acórdome do meu avó e da miña nai, que dicía que as carrozas non se facían polo premio era polo orgullo de ganar", contan varios participantes no desfile.
 

A festa rematou con xogos populares e a obrigada verbena.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade