Publicador de contidos
Publicador de contidos

Retiran cun guindastre o autobús sinistrado en Cerdedo-Cotobade

Retiran cun guindastre o autobús sinistrado en Cerdedo-Cotobade

As probas de carga avalaron a resistencia da ponte de Pedre

O guindastre cos contrapesos pesaba 300 toneladas

A operación de izado durou 30 minutos e fíxose de forma precisa

O autobús estaba a 45 metros de distancia do guindastre
G24.gal 27/12/2022 16:08 Última actualización 27/12/2022 21:28

Os servizos de rescate aproveitaron as boas condicións meteorolóxicas deste martes en Cerdedo. Non choveu, o vento non era significativo e o caudal do rio Lérez baixou considerablemente respecto a onte, algo lle permitiu aos axentes subacuáticos da Garda Civil entrar na cabina do autobús antes de que se empezara a izar o vehículo.

As probas de carga avalaron a resistencia da ponte de Pedre. Os técnicos empregaron dúas horas en calzar o guindastre, que cos contrapesos pesa 300 toneladas, e en escoller a ubicación para realizar a operación.  

Contra as catro da tarde un gran guindastre conseguiu retirar do leito do río Lérez o autobús accidentado na noite do sábado en Cerdedo-Cotobade.

Desde as 8:00 horas deste martes cortouse o tráfico nas inmediacións da ponte de Pedre, polo que se precipitou en Noiteboa o autobús da empresa Monbus en que viaxaban nove persoas, sete das cales faleceron no suceso.  

A principal vía para sacar o autobús accidentado, cuxa análise será clave para coñecer as causas do tráxico suceso, era empregar un guindastre para elevar o vehículo 29 metros ata a ponte.  

Durante a mañá, os operarios e expertos vinculados ao Ministerio de Transportes instalaron ferros ao longo do viaduto para repartir a carga. A continuación, fixeron probas de resistencia da ponte.

O autobús izouse dunha peza, algo que favorecerá á investigación O autobús izouse dunha peza, algo que favorecerá á investigación

Un izado rápido e preciso

José Fernández, xerente de Grúas Rubio, afirmou que o autobús estaba a 45 metros de altura e que tiveron que suxeitalo porque temían que se soltara ao levantalo. 

A operación durou uns 30 minutos. Salvouse a compricada orografía do río e conseguiuse depositar o autobús na plataforma.

A recuperación do tacógrafo e do vehículo nunha peza vai ser importante para avanzar na investigación do accidente. O Delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, dixo que o Grupo especial de reconstrucción de accidentes da Garda Civil de Mérida vaille tomar declaración aos dous sobrevivintes: o condutor e Maria del Rosario González, a muller de Ponteareas que este martes abandonou a UCI do Hospital Montecelo

Os axentes expecializados empezarán a recabar datos sobre o terreo e está previsto que mañá fagan unha reconstrucción do accidente. O autobús foi trasladado ás instalacións da empresa en Marín.

O autocar queda agora baixo custodia da Garda Civil que será a responsable de examinalo para obter o maior número de datos sobre o accidente e as súas causas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade