Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre no hospital o traballador atrapado na derruba parcial dunha torre medieval en Roma

Morre no hospital o traballador atrapado na derruba parcial dunha torre medieval en Roma

Os seus catro compañeiros foron rescatados, pero cando os bombeiros chegaron ata el un segundo derrubamento sepultouno de novo

G24.gal 04/11/2025 13:17

O traballador atrapado na derruba parcial dunha torre medieval en Roma morreu esta noite no hospital. O home, de 66 anos, foi rescatado pouco antes da media noite despois de permanecer 11 horas baixo os cascallos.

O traballador falecido era un dos cinco que quedaron atrapados polo primeiro derrubamento parcial do edificio que estaban restaurando, unha torre medieval situada no centro turístico da cidade. 

Os seus catro compañeiros foron rescatados, pero cando os bombeiros chegaron ata el un segundo derrubamento sepultouno de novo. Once horas despois, conseguían sacalo con vida e evacualo ao hospital, onde faleceu durante a noite.

O edificio sinistrado é un destacado exemplo das casas-torre medievais de Roma, construídas como residencias fortificadas para familias nobres e autoridades eclesiásticas. Sen uso desde 2006, a torre estaba sendo rehabilitada polo Concello da capital italiana.

A Fiscalía abriu unha causa por homicidio involuntario e lesións persoais, e mantén acordoada a zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade