Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arquivan o caso do alumno falecido ao caerlle enriba o muro do vestiario do seu instituto de Ourense

Arquivan o caso do alumno falecido ao caerlle enriba o muro do vestiario do seu instituto de Ourense

O caso, por un suposto homicidio por imprudencia, contou con máis de dez investigados

Os feitos ocorreron en outubro de 2022 no IES Julio Prieto Nespereira

Imaxe do instituto o día dos feitos. Europa Press. Rosa Veiga Imaxe do instituto o día dos feitos. Europa Press. Rosa Veiga
G24.gal 04/02/2026 17:37

 O Xulgado de Instancia e Instrución número 3 de Ourense arquivou a causa pola morte dun alumno que cursaba terceiro da ESO no IES Julio Prieto Nespereira, ao caerlle encima un muro do vestiario masculino do pavillón.

En concreto, o caso polo suposto homicidio por imprudencia, tal e como sostivo a acusación, contou con máis de dez investigados, entre eles o director da obra e o director de execución da mesma, que faleceron quedando extinguida para ambos a acción penal por morte en autos con data 5 de xuño de 2025 e 18 de xuño de 2024, respectivamente.

Así, ao achacar a ambos o deseño e ordenación do muro "tal e como foi executado", así como a súa "defectuosa execución", a xuíza acordou o sobresemento provisional das actuacións con respecto ao resto de investigados, entre os que se inclúen funcionarios da Xunta e traballadores da construtora e da compañía de control de calidade.

Segundo se relata no auto, ao redor das 14.00 horas do 26 de outubro de 2022, un muro do vestiario masculino do pavillón do Instituto de Ensino Secundario Julio Prieto Nespereira, en Ourense, caeu encima dun alumno que cursaba 3º da ESO, causándolle a morte.

En base ao informe pericial, a causa da morte debeuse á "defectuosa execución" da obra, que "non foi consecuencia do deseño inicial do proxecto", senón que se correspondeu cun "esbozo á man alzada da planta modificada dos vestiarios", o cal "non aparece asinado".

Neste sentido, tal e como se explica no auto, a caída do muro produciuse pola "fatiga dos materiais dos que estaba composto", con ancoraxes do chan "insuficientes", deixando o muro, de 2 metros de altura, 2,85 metros de lonxitude e unha tonelada de peso, unicamente sustentado polo "recrecido de morteiro" incluído na súa base.

Así, o muro viuse sometido a "apoios, golpes e zarandeos", entre outras cousas, provocando que as súas paredes comezasen a ter fendas paulatinamente, ata que, tras recibir un último golpe, caeu por completo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade