Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta inviste 40 millóns de euros na mellora das residencias de maiores

A Xunta inviste 40 millóns de euros na mellora das residencias de maiores

Alfonso Rueda asegura que o Goberno galego seguirá priorizando recursos para atender a xente maior 

G24.gal 04/02/2026 18:18 Última actualización 04/02/2026 18:56

A residencia de Campolongo, en Pontevedra é un dos centros que a Xunta está reformando integramente para mellorar o benestar dos maiores. O seu director, Juan José López, asegura que "a remodelación vai permitir ampliar ata 130 o número de prazas, case a metade deles grandes dependentes". 

Alfonso Rueda destaca que a prioridade do Goberno galego é atender os maiores: "Seguiremos facendo o necesario e priorizando recursos para que a xente maior poida envellecer como queira, e os que optan por unha residencia teñan todas as comodidades que merecen despois dunha vida de traballo".

A Xunta leva investidos 40 millóns de euros no que vai de lexislatura na reforma das residencias públicas de maiores de Galicia. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade