Cargando resultados...
Tres accidentes con 13 coches implicados provocaron retencións na AP-9 á altura de Cambre
Foi atendida unha persoa ferida
Tivo que ser cortado un carril
G24.gal
27/10/2025 09:21
Última actualización 27/10/2025 10:16
Importantes retencións na AP-9 á altura de Cambre por tres accidentes de tráfico, un no quilómetro 10, outro no 11,500 e o terceiro no quilómetro 12, todos sentido Santiago. Ocorreu a primeira hora deste luns
A Garda Civil contou tres coches no primeiro sinistro, outros tres no segundo e sete no terceiro. Polo de agora foi atendida unha persoa.
Ata o lugar acudiron Urxencias Sanitarias, Bombeiros de Betanzos e persoal da autoestrada.
Foi necesario cortar un carril para que os axentes regulasen o paso.