Publicador de contidos

Publicador de contidos

Santiago queda sen servizo propio de bombeiros por falta de persoal

Santiago queda sen servizo propio de bombeiros por falta de persoal

É a primeira vez que ocorre desde a creación do corpo en 1921

Imaxe da actuación dos bombeiros o pasado venres nun incendio na estación de tren de Santiago Imaxe da actuación dos bombeiros o pasado venres nun incendio na estación de tren de Santiago
G24.gal 27/10/2025 10:33

O parque de bombeiros de Santiago conta con só tres bombeiros de servizo e ningún mando operativo, cando debería dispoñer de polo menos nove profesionais e dous mandos para cubrir unha xornada con seguridade. A situación, segundo as previsións, vaise prolongar ata as dez da noite deste luns.

Os propios bombeiros denunciaban a súa situación nunha publicación nas redes sociais. É a primeira vez que ocorre en máis dun século de vida deste corpo, segundo fontes do mesmo.

Unha situación que ademais chega xusto despois da intensa xornada que viviron na noite do pasado venres, cando se produciron dous incendios practicamente ao mesmo tempo na capital galega. Foron os que afectaron un tren na estación intermodal e á cociña dunha hamburguesería.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade