Publicador de contidos

Publicador de contidos

Restaurantes galegos comezan a penalizar os clientes que reservan e non asisten

Restaurantes galegos comezan a penalizar os clientes que reservan e non asisten

Dende as asociacións de consumidores non critican a medida, sempre e cando esa penalización non sexa abusiva

No sector argumentan que se trata dunha cuestión de consideración, xa que traballan con produtos perecedoiros

G24.gal 04/01/2023 14:41

Moitos restaurantes de Galicia comezan a penalizar ata con 20 euros por comensal as persoas que reserven mesa e despois decidan non presentarse a comer ou cear. Din que algúns grupos reservan en varios establecementos á vez e que isto está a afectar especialmente aos restaurantes de cociña de autor. 

A mala praxe de moitos clientes en plenas restricións pola pandemia deixou perdas inasumibles en restaurantes onde o prezo do prato oscila entre os 35 e os 120 euros por comensal.

 "O que dixemos foi: 'Temos que facer algo para solucionar isto'. E pensamos nunhas reservas en que a xente deixe os cartos por se non vén, só por se non vén", di Juan Carlos Perret, propietario e cociñeiro do restaurante KERO.
 

Foi entón como xurdiron aplicacións onde se preaproba un cargo na tarxeta de 20 euros por comensal en caso de deixar a mesa baleira. Condicións todas que se aceptan previamente polos clientes na web.

"Se o cliente vén, ao día seguinte eses datos bórraos automaticamente a aplicación. Se non vén, ao día seguinte ímolo chamar para ver que pasou", engade Andrés Medici, xerente e cociñeiro do restaurante PurOsushi.
 

E se o motivo non é xustificado, procédese ao cargo.

"A ninguén lle gusta que haxa unha garantía dos seus cartos para algo tan trivial como ir cear, pero é o que facemos co cine, se mercamos unha entrada e non imos. Facémolo co avión, co tren e cunha morea de servizos onde a cota é limitada", explica o Chef Andrés Medici.

 "Os restaurantes de grandes cidades, con estrela Michelin ou de cociña de autor e que teñen moito tempo de reserva, algúns ata meses, entón eses restaurantes cancélaselles mesmo uns días antes, cóbranche seguro porque son sitios que a xente o planifica", engade Rubén Pérez, presidente da Asociación de Comerciantes e Hostaleiros Zona Náutico.
 

Son restaurantes pequenos, cociña de raíz, que traballa con produto perecedoiro e de calidade. Explican que precisan planificar a súa actividade para o bo servizo e a viabilidade do seu negocio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade