Restaurantes e bares cheos en Ourense polas festas do Nadal
"Nós levamos cheos hai máis dun mes"
Moitos dos restaurantes de Ourense levan semanas cheos.
"Estamos sempre practicamente cheos, e estamos o nivel de 2019, que tiñamos reservas case diarias, e cheos completos un mércores ou un martes. Onte, por exemplo, tivemos 92 persoas a comer", conta o hostaleiro Pablo Otero.
"Nós levamos cheos hai máis dun mes"
Non hai mesas dispoñibles mesmo entre semana e disparáronse os pedidos a domicilio tamén para fin de ano e Reis. Atopar alternativas para os clientes resulta difícil mesmo para os propios hostaleiros.
"Nós levamos cheos hai máis dun mes, pero onte mesmo chamei unha ducia de compañeiros para clientes que me estaban chamando para que lles axudase a buscar sitio porque eles eran incapaces xa de encontrar", explica Javier Outumuro, presidente da Unión de Hostaleiros de Ourense.
Este ano a xente o que está facendo é recuperar o tempo perdido
Moita xente nos restaurantes, pero tamén nos bares e pubs, lugar de reencontro para moitos este nadal.
"O venres 23 antes de Noiteboa foi eu penso que o mellor día de decembro e de Nadal. Levamos dous anos sen nadal entón eu creo que este ano a xente o que está facendo é recuperar o tempo perdido, non?", apunta o hostaleiro Isaac Pedrouzo.
O AVE, un factor que hai que ter e conta
Coidan que a alta velocidade trouxo consigo boa parte dos clientes que atenden estes días. Así o apunta Javier Outumuro.
"Dentro do comedor hai dúas mesas que son de xente de fóra de Galicia, onte pola noite había xente das Canarias, agora mesmo hai de Sevilla e hai outra de xente tamén de fóra. Loxicamente eu penso que tamén nos está dando un pulo importante o tema do AVE".
Agora confían en que esta tendencia se manteña tamén unha vez pasadas as festas.