Publicador de contidos

Publicador de contidos

No día da nai é case imposible topar mesa nun restaurante sen reserva

No día da nai é case imposible topar mesa nun restaurante sen reserva

Moitos locais levan días con todas as prazas cubertas para este domingo

G24.gal 04/05/2025 13:45 Última actualización 04/05/2025 14:24

"Sentímolo, para o día de hoxe estamos cheos". Esta resposta repetíase este domingo en moitos restaurantes galegos. Imposible conseguir mesa. Xa estaba todo reservado.

"Para nós as reservas son as mesmas, porque enchemos todos os domingos, a diferencia é que temos que dicirlles a moitas persoas que non hai sitio. Levamos cheos dende hai unha semana e media", detalla Marcos Rodríguez, do restaurante Enxebre en Vigo.

Algo semellante relata Cristal Chorén, do restaurante MalaSangre en Vigo.

"Estamos a tope e levamos co local completo dende o mércores".

En moitos casos levan día xa con todas as prazas completas e este domingo tocaba ter todo a punto para atender aos comensais e nalgún caso a xente de última hora.

Juan Carlos Perret, do restaurante Kero en Vigo, relata que "moita xente chamou con moito tempo de antelación, pero aínda hai xente que non reservou e anda a correr"

Tamén aumentaron as encargas de comida para levar e o traballo nas pastelerías. Mesmo os restaurantes ofreceron posibilidades especiais para os que quedaron sen mesa. 

"Ao estar completos moitos dos nosos clientes non queren quedar sen os nosos arroces ou a nosa comida e temos moitos pedidos para recoller no local", explican dende o restaurante MalaSangre.

O importante, desfrutar da xornada e homenaxear as nais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade