Publicador de contidos

Publicador de contidos

Restablecida a circulación ferroviaria tras o descarrilamento sen feridos en Quiroga

Restablecida a circulación ferroviaria tras o descarrilamento sen feridos en Quiroga

Ilesos os 162 pasaxeiros do Alvia entre Barcelona e Galicia que saíu da vía por un desprendemento de pedras entre as estacións de San Clodio e Freixeiro

O corte afectoulles este sábado a dous trens, un Alvia de Vigo a Barcelona e un rexional de Ponferrada a Ourense, con traslados en autocar

G24.gal 27/08/2022 13:10 Última actualización 27/08/2022 21:02

Este mediodía os operarios do ADIF lograban restablecer a circulación no treito da vía férrea no concello de Quiroga afectado polo descarrilamento dun tren, sen feridos, o sábado pola noite. Hai unha limitación temporal de velocidade de 30 quilómetros por hora.

O Alvia 622 entre Barcelona-Vigo sufriu o accidente o sábado pola noite debido ao descarrilamento dun dos eixes no sur da provincia de Lugo, entre a estación de San Clodio de Quiroga e Freixeiro.

O sinistro debeuse a un desprendemento de terra e pedras nun lugar de acceso difícil, onde a vía pasa a carón do río Lor. Ningún dos viaxeiros resultou ferido. Todos foron transbordados a outro convoi que os levou ata Monforte, e dende alí, en bus ou tren, aos seus lugares de destino.

O convoi saíra da estación de Sants, en Barcelona, e dirixíase á estación de Guixar, en Vigo. A bordo ían 162 pasaxeiros con destino a Monforte, Ourense, Vigo, Santiago e A Coruña, que continuaron viaxe por estrada.

Este sábado os pasaxeiros de dous trens que circulan por esa vía tiveron que viaxar en autobús. Así, os clientes do Alvia de Vigo-Guixar que saíu ás 07:42 foron trasladados por estrada ata Ponferrada para continuar desde alí a viaxe en tren. Os que ían no rexional que saíu de Ponferrada ás 06:15 con destino Ourense tamén fixeron parte do traxecto en autocar.

Xa pola noite o accidente obrigou a cancelar outro convoi, un media distancia do traxecto Ourense-A Coruña. Os pasaxeiros foron trasladados noutro tren.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade