Cargando resultados...
Rescatan unha muller con deshidratación en Nigrán tras varios días pechada na casa
Os seus familiares deron a voz de alarma ao ver que a muller non lles abría a porta dende había días

G24.gal
20/10/2022 16:06
Última actualización 20/10/2022 16:36
Rescatan unha muller de avanzada idade en Nigrán, que estaba pechada na súa casa con síntomas de deshidratación. Os seus familiares deron a voz de alarma no concello ao ver que a muller non lles abría a porta dende había días, supostamente por estar enfadada.
A concelleira da Terceira Idade, que entre outras cousas é a figura encargada de visitar os maiores, tampouco logrou acceder ao interior da vivenda, polo que deu aviso á Policía Local. Foron finalmente os axentes os que entraron ao domicilio, achando a muller na súa cama con síntomas de deshidratación.
Foi trasladada ao hospital Povisa de Vigo para ser atendida para ser tratada.