Cargando resultados...
Rescatan unha aguia real atrapada na grella dun coche que tivo un accidente en Vilagarcía
Os bombeiros utilizaron ferramentas hidráulicas para liberar a aguia
Levárona a un centro de recuperación de fauna

G24.gal
03/12/2022 22:47
Os servizos de emerxencia de Vilagarcía de Arousa rescataron unha aguia real que quedou atrapada na grella dun turismo despois de que este sufrira un accidente.
A agrupación de Protección Civil da localidade arousá, informou que o accidente sucedeu nas proximidades da praza da estación de tren.
Os profesionais dos bombeiros desprazados ao lugar tiveron que empregar ferramentas hidráulicas para liberar a aguia. Logo trasladárona a un centro de recuperación de fauna.