Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan o corpo dun neno e o barco en que naufragou unha familia española en Indonesia

Rescatan o corpo dun neno e o barco en que naufragou unha familia española en Indonesia

Os restos mortais foron atopados a uns 14 km da última localización do barco antes de afundir

Topan o corpo de Fernando Martín, desaparecido no naufraxio de Indonesia

EFE EFE
G24.gal 06/01/2026 11:55 Última actualización 06/01/2026 12:29

Os equipos de rescate indonesios atoparon este martes un terceiro corpo sen vida e o casco do barco en que naufragou o pasado 26 de decembro unha familia española en augas do Parque Nacional de Komodo, despois de que o domingo se recuperase un segundo cádaver. 

Os restos mortais foron atopados arredor das 14:30 hora local (6:30 GMT) tras o aviso duns pescadores, a unhas 7,48 millas náuticas (uns 14 km) da última localización do barco antes de afundir, declarou Fathur Rahman, oficial da Axencia Nacional para Procura e Rescate (BASARNAS) e responsable da misión.

"A vítima foi atopada xunto co casco do barco. Posteriormente, foi evacuada a Labuan Bajo, tras o cal foi trasladada ao hospital para a súa identificación", sinalou Rahman durante unha rolda de prensa.

Un equipo de mergulladores confirmou de maneira visual que os restos do barco atopados son do KM Putri Sakinah, a embarcación turística onde viaxaban os seis españois -dous adultos e catro menores- e que afundiu nas augas da illa de Padar arredor das 20:30 hora local do 26 de decembro (12:30 GMT).

Dous deles -unha muller e unha menor-, foron rescatadas con vida tras o accidente, mentres que catro -un adulto e tres menores- non puideron ser localizados nun primeiro instante.

Os rescatistas recuperaron os últimos días os corpos de dous españois desaparecidos, o pasado luns o dunha menor e o domingo o dun home adulto.

As vítimas mortais confirmadas son Fernando Martín, exfutbolista e adestrador do equipo feminino B do Valencia C. F.; e unha filla da súa esposa, Andrea Ortuño, quen foi rescatada tras o accidente xunto a outra das súas fillas.

Mentres que os desaparecidos son un fillo de Martín e outro fillo da sobrevivente, de 9 e 10 anos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade