Identificado o cadáver que apareceu o mércores na casa ocupada de Vigo
É un home de 33 anos que non presentaba signos evidentes de violencia
Xa está identificado o cadáver que apareceu na tarde do mércores nun edificio semiabandono na rúa Poboadores de Vigo. É un home de 33 anos e inicialmente o cadáver non presentaba signos evidentes de violencia.
Ocorreu no número 47 da rúa Poboadores do barrio histórico de Vigo. Os veciños levaban días alertando días de que o inmoble desprendía un forte fedor.
Hai unha semana retirouse lixo e entullo do patio interior do inmoble, que ademais está apontoado. Pero non se atopou o cadáver ata este mércores pola tarde, estaba xa en avanzado estado de descomposición.
Algúns veciños tiveron trato con algúns dos inquilinos, ou mesmo ocupantes ilegais, e din que non tiñan malñ trato coa veciñanza. Peor o pasan os que residen a carón dos edificio xa que é o segundo cadáver que apareceu nel e tamén houbo un incendio provocado e a proliferación de ratas.
Segundo os veciños o inmoble levaba xa preto dun mes desocupado, os últimos días coa porta aberta. Consideran que se debería tapiar e mesmo botar abaico polo seu estado de degradación. O problema é que os dous propietarios non se poñen de acordo para acometer a derruba.