Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan un pescador en Salvaterra de Miño tras caer por un desnivel

Rescatan un pescador en Salvaterra de Miño tras caer por un desnivel

Caeu desde unha altura de máis de dous metros cando pescaba lamprea

Foi trasladado en ambulancia a un centro hopitalario con múltiples lesións 

G24.gal 07/05/2026 14:12

Son estruturas pesadas de metal que se elevan sobre o río para facilitar a pesca da lamprea aos pescadores. Foi no momento de desmontala e, por razóns que se descoñecen, cando o home caeu por un desnivel de máis de dous metros de altura ata acabar na beira do río. 

Durante a caída o pescador bateu contra as rochas causándolle distintas lesións e un golpe na cabeza o que lle impediu saír polos seus propios medios. 

Os bombeiros que participaron no rescate atoparon ao pescador en estado de hipotermia e procederon a súa evacuación por terra salvando as dificultades do terreo ata chegar a ambulancia que o trasladou a un centro hospitalario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade