Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan a obra de dúas pintoras viguesas de finais do século XIX

Rescatan a obra de dúas pintoras viguesas de finais do século XIX

Elina Molins e Blanca Chao, curmás e artistas vinculadas á elite económica e cultural de Vigo

A mostra reúne cadros que estaban agochados en coleccións particulares dos seus familiares

Había máis dun século que a súa obra non se exhibía ao público

O comisario e promotor da exposición José Luis Mateo atopou tamén tres cadros nunca expostos de Serafín Avendaño

G24.gal 07/03/2024 17:04 Última actualización 07/03/2024 19:00

Un artigo na sección de efemérides do Faro de Vigo levou a José Luis Mateo ao descubrimento de dúas pintoras da cidade practicamente descoñecidas.

Elina Molins e Blanca Chao, curmás, vinculadas a familias da elite económica e cultural da cidade de finais de século XIX e comezos do XX.

Iniciou o rastrexo da súa obra a través dos parentes vivos das pintoras. A case totalidade dos cadros está en coleccións privadas, nas casas familiares de Madrid e en menor medida de Vigo. Había máis dun século que non se expoñían ao gran público.

A exposición reúne corenta obras e serve como fío condutor da vida cultural do Vigo da época. A busca permitiu atopar tres cadros nunca expostos de Serafín Avendaño. Ou un retrato do impresor de Cantares gallegos. Arredor da obra de Molins e Chao vemos tamén a arte de pintoras galegas que estiveron case sempre na sombra.

Dado o éxito de público, ata o 28 de abril prorrogouse a estadía desta mostra na pinacoteca de Vigo. Supón toda unha viaxe sobre un pasado artístico que tivo tamén nome de muller.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade