Publicador de contidos

Publicador de contidos

Representación galega na Fish International de Bremen

Representación galega na Fish International de Bremen

Varias empresas pesqueiras e un equipo da Consellería do Mar participan na feira

G24.gal 04/09/2022 16:35

Unha delegación galega viaxou estes días á Alemaña para participar na feira Fish International, que se celebra ata o vindeiro martes na cidade de Bremen. Ademais de representantes de varias empresas, asiste un equipo da Consellería do Mar.

A titular deste departamento mantivo un encontro coa directiva do Centro Cultural Galego de Cuxhaven. Rosa Quintana agradeceulles o seu labor na difusión da cultura de Galicia e do seu mar na Alemaña. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade