Publicador de contidos

Publicador de contidos

Réplicas de Bansky conformarán un percorrido turístico por Verín

Réplicas de Bansky conformarán un percorrido turístico por Verín

A vila de Verín énchese de replicas de Bansky para rehabilitar edificios degradados e loitar contra o feísmo

O culpable, un artista urbano local con maxia nas mans capaz de imitar o máis afamado grafiteiro anónimo de todos os tempos

G24.gal 12/10/2022 21:43 Última actualización 13/10/2022 08:20

"Nena con Globo", unhas das obras máis coñecidas e a máis cara de Bansky, podemos vela en Verín. E non só esta pintura; ata o Nadal está previsto que Alex Araújo, un artista local de Verín,  pinte ata 23 obras das máis famosas deste grafiteiro anónimo de Bristol. Unha lenda na arte de rúa.

Cos seus aerosois en man é quen de emular as obras mais coñecidas deste artista. Alex leva pitando dende neno, menos tempo leva podendo vivir da súa arte, que comezou animando escaparates e pintando murais 

A iniciativa Verín Territorio Bansky foi do concello. Agardan que sexa un atractivo para visitantes e, por que non, para o propio Bansky.

Edificios sen vida agora convertidos en lenzos.  En Verín queda a súa pegada, unha arte con mensaxe de denuncia, de resistencia e onde a ironía é un dos seus ingredientes principais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade