Publicador de contidos

Publicador de contidos

Renfe urxe a Talgo a homologar os Avril, que levan xa "20 meses de atraso"

Renfe urxe a Talgo a homologar os Avril, que levan xa "20 meses de atraso"

A entrega das primeiras unidades estaba prevista para xaneiro de 2021, pero a empresa construtora non fixou data definitiva

Tren Avril circulando en probas por Galicia Tren Avril circulando en probas por Galicia
G24.gal 08/09/2022 12:47 Última actualización 08/09/2022 14:52

Renfe instou a Talgo a homologar os trens Avril, cos que a empresa bateu este mércores o seu récord de velocidade nas probas ao acadar os 360 quilómetros por hora entre Ourense e Santiago de Compostela, e advertiulle de que a entrega deses ferocarrís acumula "20 meses de atraso". 

"Talgo debería ter entregadas, tras a revisión inicial do contrato pola pandemia da covid-19 e as revisións de Renfe, as primeiras unidades en xaneiro de 2021. Leva, a día de hoxe, 20 meses de atraso. Non hai un problema de fabricación, pois Talgo ten todos os trens fabricados. O problema é que non está conseguindo a homologación", manifestan fontes de Renfe.

Renfe subliña: "O proceso de homologación está ligado á seguridade da explotación e, por iso, non é un proceso fácil nun tren completamente novo que circulará a 330 quilómetros por hora en ancho fixo e ancho variable".

"Seguimos esperando a que Talgo nos entregue o calendario definitivo e confiamos na capacidade desta empresa para que dea homologado os trens e os entregue con urxencia, porque é un pedido que hai case dous anos debería estar a pleno rendemento", destaca o operador ferroviario.

Renfe adxudicou a Talgo a fabricación de 30 trens de alta velocidade dos que 15 serán de ancho variable (o que permite circular por vía convencional e estándar), cun investimento de 786,5 millóns de euros.

A entrega das primeiras unidades estaba prevista para xaneiro de 2021, pero a empresa construtora non fixou data de entrega definitiva.

Rueda cirtica que o Goberno central non lle estea facilitando ao Executivo galego ningunha información sobre a implantación dos trens Avril

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, tachou de “bastante lamentable” que o Goberno galego non conte con información sobre os avances respecto á implantación dos trens Avril e asegurou que de todo se entera polos medios de comunicación.

Rueda manifestouse neste sentido na conferencia de prensa posterior á reunión semanal do seu Goberno cuestionado polas probas dos trens Avril despois de que a empresa Talgo asegurase que bateu o récord de velocidade nas súas probas en Galicia ao alcanzar os 360 quilómetros por hora entre Ourense e Santiago

Rueda reiterou que “o lóxico era explicar antes as cousas” porque na Xunta de Galicia “non temos ningunha noticia” máis aló do incumprimento do compromiso do Goberno que anunciara que estes trens estarían en funcionamento no verán. “Despois dese compromiso non temos ningunha información, seguimos o que di a prensa” aínda que “volveremos insistir” e a pedir comunicacións ao Goberno, resolveu Rueda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade