Publicador de contidos

Publicador de contidos

Renfe traslada os usuarios do AVE Galicia-Madrid por estrada entre Zamora e Sanabria polo incendio de Losacio

Renfe traslada os usuarios do AVE Galicia-Madrid por estrada entre Zamora e Sanabria polo incendio de Losacio

Informou que o traxecto Galicia-Madrid, e viceversa, vaise realizar por estrada entre as estacións de Zamora e Seabra sempre que as condicións e a evolución do incendio o permita 

Pasaxeiros na estación de Vigo este martes collendo o tren cara a Madrid Pasaxeiros na estación de Vigo este martes collendo o tren cara a Madrid
G24.gal 19/07/2022 11:42

Renfe traslada os usuarios do servizo de AVE e Alvia Galicia-Madrid por estrada entre Zamora e Sanabria debido á proximidade á vía do incendio de Losacio.

A operadora, nunha mensaxe na súa canle de información en Twitter @Inforenfe, informou que o traxecto Galicia-Madrid, e viceversa, vaise realizar por estrada entre as estacións de Zamora e Sanabria sempre que as condicións e a evolución do incendio o permitan.

Renfe suspendera a noite deste luns todas as circulacións ferroviarias da liña de Alta Velocidade entre Galicia e Madrid polo incendio, o cal afecta os trens AVE e Alvia que realizan o percorrido Galicia-Madrid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade