Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os Avril fan un ano sen cumprir todo o prometido

Os Avril fan un ano sen cumprir todo o prometido

Os trens que completaron a chegada da alta velocidade a Galicia superaron os problemas dos primeiros meses

O servizo é agora moito máis fiable, aínda que Renfe rexeita dar datos sobre a puntualidade

 

G24.gal 21/05/2025 15:22

Os Avril cumpren un ano en Galicia con grandes melloras pero sen cumprir todo o prometido. Os trens que completaron a chegada da alta velocidade, fabricados por Talgo, superaron por fin os problemas dos primeiros tempos. Durante meses houbo avarías e, sobre todo, atrasos, de unha hora ou até dúas, nas conexións con Madrid. Hoxe, a liña é moito máis fiable pero Renfe rexeita dar datos sobre a puntualidade

Agora, os Avril, ben sexan na configuración AVE ou na de Avlo, alcanzan de verdade os trescentos quilómetros por hora pero queda por cumprir a gran promesa dos tempos. A viaxe A Coruña-Madrid faise, si, en menos de tres horas trinta e cinco minutos. Pero dende Vigo, non.

"Agora mesmo ao servizo poñémoslle un oito", resume Juan Francisco Sánchez, o coordinador ferrroviario do sindicato CGT en Galicia. "Un oito porque os tempos de viaxe son acordes á velocidade do tren e porque son trens novos que melloraron moito a fiabilidade".

Tras os AVE Avril chegaron os Avlo, o servizo de baixo custo de Renfe. É posible mercar traxectos por menos de trinta euros pero teñen menos comodidades. É unha queixa frecuente entre os viaxeiros.

"No Avlo no que vin o outro día os asentos eran ríxidos, pequeniños..., para catro horas e medio de viaxe faisze duro", explica unha pasaxeira.

"Os trens son un pouco mellorables porque si que se nota moito tremelar durante a viaxe; o tempo en si, xenial", valora outro usuario.

A partir do dez de xuño, todas as conexións con Madrid serán con trens Avril, AVE ou Avlo, agás Lugo, que manterá os Alvia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade