Publicador de contidos

Publicador de contidos

Renfe suspende todas as circulacións ferroviarias da liña de Alta Velocidade entre Galicia e Madrid

Renfe suspende todas as circulacións ferroviarias da liña de Alta Velocidade entre Galicia e Madrid

A compañía ferroviaria fixo este anuncio na súa conta oficial de Twitter

G24.gal 19/07/2022 07:34 Última actualización 19/07/2022 08:00

RENFE suspendeu esta noite todas as circulacións ferroviarias da liña de Alta Velocidade entre Galicia e Madrid por "un incendio próximo á vía". Esta suspensión afectará os trens AVE e Alvia que realizan o percorrido Galicia-Madrid.  

"Debido a un incendio próximo á vía, ADIF suspendeu a circulación entre Galicia e Madrid. Isto afecta os trens AVE e Alvia Galicia-Madrid", explicou RENFE na súa conta oficial de Twitter.   Así mesmo, indicou que "polo momento, non hai medios alternativos" e que ampliará "información a medida que avancen os traballos de extinción".  

Este luns á mañá, RENFE xa informou de que debido ao incendio iniciado en Losacio (Zamora) se viron obrigados a suspender "ata novo aviso" o tramo comprendido entre o municipio zamorano de Otero de Bodas e a capital da provincia.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade