Publicador de contidos
Publicador de contidos

Renfe suprime unha das liñas diarias de Lugo a Madrid

Renfe suprime unha das liñas diarias de Lugo a Madrid

Lugo xa é a cidade galega con menos conexións ferroviarias, agora quedará só con tres á capital

Os novos horarios entrarán en funcionamento o luns e tamén afectarán as frecuencias de volta

G24.gal 02/04/2024 14:07

Viaxar en tren de Lugo a Madrid cada vez é máis complicado. As obras na liña a Ourense xa obrigan os viaxeiros a facer a primeira parte do traxecto en autobús e agora, ademais, só haberá tres conexións diarias coa capital. Renfe suprime a das 10:50 horas.

"Que quiten non me parece ben, Galicia necesita enlaces", di un viaxeiro, e outra engade: "Mal, porque en Lugo xa estamos moi limitados co tema do transporte".

Renfe di que se trata dunha medida temporal, que se manterá polo menos ata xullo mentres duren as obras na estación de Chamartín. Para os lugueses, a cidade cada vez está máis incomunicada. 

"Quedamos máis incomunicados e vai saír máis caro viaxar", di esta muller que acostuma coller o tren dirección Madrid.

A maioría xa recoñece que apenas usa o tren pola falta de frecuencias. E comprobámolo na estación, que está baleira a maior parte do día. 

"En tren non vou, porque aquí non temos tren", conta unha muller, e outra tamén asegura que "hai moi poucos trens en Lugo".

Tamén se verán afectadas as frecuencias de volta. Suprímese o convoi das 13:15 e substitúese por unha nova liña ás sete e cuarto da tarde. Os novos horarios entran en funcionamento o luns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade